Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 21 de febreiro de 2014

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro en Vigo

En febreiro de 2012, O Concello de Vigo declarou o 24 de febreiro (data de nacemento de Rosalía de Castro) como Día de Rosalía de Castro. Para conmemorar esta data e así achegar a poeta, a súa obra e a relevancia que tivo co rexurdir das letras e co alingua galega vanse desenvolver en Vigo distintas actividades ao longo do vindeiro luns.




No auditorio municipal, a partir das 12 horas, Fernando Pereira Bueno, autor do libro "Rosalía de Castro. Imaxe e realidade" , publicado por Edicións Xerais de Galicia, falaralle ao alumando de Bacharelato e da ESO sobre a iconografía da poeta. Ao longo da charla irá analizando "algunhas das interpretacións que da imaxe e do espírito da poeta fixeron artistas plásticos de distintas épocas que axudaron a identificala"

Pola tarde, na Casa Galega da Cultura (praza da Princesa), entre as 18.00 h e as 19.30 haberá unha lectura de versos de Rosalía, á que invitamos a toda aquela persoas que se animen a lle "prestar" a súa voz as verbas escritas por Rosalía. Participará alumnado da UVIgo e o Voluntariado de Vigo. Teremos oportunidade de escoitarmos versos de Rosalía en diferentes linguas, e mesmo haberá un pequeno recital de poemas en lingua de signos.

A continuación, no mesmo lugar, ás 20.00 horas, teremos ocasión de escoitar a Fernando Pereira Bueno (presentado por Isaura Abelairas -concelleira de Normalización Lingüística- e Manolo Bragado -director de Edicións Xerais de Galicia- quen compartirá coas e cos asistentes o seu saber sobre a iconografía rosaliana.
Mais noticias
O Concello prorroga por cinco anos máis a cesión da Casa do Pescador como albergue
O goberno local autoriza o derrubo parcial dunha edificación no Casco Vello, conservando a fachada
Caballero nomeará a próxima semana un novo xerente da Mancomunidade de Vigo
Peches ao tráfico por obras
Pleno da Corporación


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003