Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 10 de decembro de 2013

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello adxudica a obra para cubrir o patio do colexio Castelao, en Navia, por 166.000 euros

O alcalde explicou que o contrato, adxudicado provisionalmente, inclúe tamén a renovación do pavimento do patio e a instalación de faldóns laterais de protección contra a chuvia. Na mesma sesión da Xunta de Goberno Local acordouse a reposición de 377 árbores en mal estado na cidade.




Abel Caballero deu conta este martes da clasificación de ofertas -a anterior adxudicación provisional, para a contratación das obras de mellora e reposición do patio do CEIP Alfonso Rodríguez Castelao, en Navia. O alcalde informou que o goberno de Vigo investirá 166.000 euros para cubrir o patio do nomeado colexio, renovar o pavimento do mesmo e instalar faldóns laterais para protexelo da chuvia.

O rexedor vigués denunciou que a cobertura do patio de Navia é "competencia" da Xunta de Galicia, mais o acomete o Concello porque o goberno autonómico "non atende aos problemas da cidade de Vigo".

A Xunta de Goberno Local que deu luz verde a esta mellora tamén validou a clasificación de ofertas e autorizou a contratación do subministro de prantas de tempada, que conlevará a reposición de 377 árbores da cidade que se atopan secos ou danados por actos de vandalismo.
Mais noticias
Caballero invita a toda a cidade a realizar as compras do Nadal no mercado de "De Boa Man"
Navia contará con 331 novas prazas de aparcamento nos aledaños da rúa Teixugueiras
Clausura exposición Pinacoteca


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003