Escoitar

O Concello adxudica as obras do polideportivo de Navia que creará 60 postos de traballo durante a súa construcción

Abel Caballero deu conta da adxudicación das obras do novo polideportivo de Navia á empresa Civis Globa que xerarán 60 postos de traballo durante o periodo de construcción. O alcalde detallou que o complexo contará con varias piscinas, 8 pistas de pádel, campo de fútbol 7 e pista polideportiva, entre outros servizos.

mércores, 27 nov 2013
A construcción do novo polideportivo de Navia permitirá crear 60 postos de traballo durante as obras. A Xunta de Goberno Local adxudicou o procedemento para a contratación da xestión destes servizo público á empresa Civis Global. Tal e como detallou o rexedor, as instalacións incorporan unha zona de augas cunha piscina de 1.000 metros cadrados, outra de 25 por 12,5, outra de aprendizaxe, e unha última con chorros de tratamento, camas de auga e jacuzzi, zona wellness con sauna seca, baño de vapor. Tamén funcionará un espazo fitness de 1.000 metros cadrados, 4 salas de actividades cunha superficie de 800 metros, ademais de vestiarios de homes e mulleres.

O novo complexo polideportivo contará tamén, engadiu, cunha pista de pádel, un campo de fútbol 7 de 58 por 35, unha pista polideportiva de 40 por 20; ademáis de dúas zonas de aparcamento con 266 prazas. Engadiu a presenza de zonas verdes, con rego autómatico, e dicir, concluíu, unha zona deportiva de auga de "especial importancia para Navia".