Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 31 de xaneiro de 2013

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


A Fundación Laxeiro presenta "MESA DE TRABALLO Ensamblaxe e colaxe en Galicia"


Do 1 de febreiro ata o 28 de abril a Fundación Laxeiro presenta a segunda edición do ciclo que, co título xenérico Panorama, mostra, con periodicidade anual, o traballo de artistas que traballan en Galicia desde presupostos coincidentes, sexan estes, formais, procesuais, técnicos ou discursivos. Artistas:Colin Baldwin, Misha Bies Golas, Luis Bueno, Tono Carbajo, Samuel Castro, María Chenut, Rosendo Cid, Santiago Mayo, Rosa Úbeda, Xosé Carlos Barros, Miguel Mosquera, Pablo Orza, Pelucas, Enrique Saavedra, Teo Soriano.





Dossier de prensa


Se na Primeira edición de Panorama o nexo de unión foi a nova figuración en Galicia, ao redor da que se realizou a exposición titulada Radiador, nesta segunda edición, o punto en común destes quince artistas, é a ensamblaxe e o colaxe.


MESA DE TRABALLO. Ensamblaxe e colaxe en Galicia reúne nun mesmo proxecto expositivo, obras de artistas con preocupacións estéticas diferentes, nas que traballan utilizando as técnicas da ensamblaxe e o colaxe, para chegar a resultados, diferentes tamén, nos que é común a convivencia de elementos dispares, a hibridación de materiais e linguaxes e a intertextualidade inherente ao traballo da ensamblaxe e do colaxe.


BREVE PERCORRIDO HISTÓRICO

Se históricamente, podemos localizar o nacemento oficial da ensamblaxe e o colaxe na exposición organizada por William C. Seitz, titulada The Art of Assemblage no MoMA de Nova York, en 1961, é evidente que, como recoñecería Jean Dubuffet en 1953 cando acuñou o termo assemblage, o nacemento deste recurso, data dos primeiros anos do século XX, cando Picasso (coa súa obra titulada Nature morte à la chaise cannée) e Georges Braque (cos seus primeiros papiers collés) comezan a utilizar a técnica da ensamblaxe e o colaxe alá por 1912. Matisse, Marcel Duchamp e Man Ray serían tamén pioneiros e, como é sabido, o recurso de ensamblar materiais diversos, frecuentemente sen valor plástico per se, pronto sería utilizado por dadaístas, futuristas e surrealistas, chegando a ser unha técnica máis, un recurso que é utilizado con normalidade na arte contemporánea.
Mais noticias
O alcalde destaca que os orzamentos adican 20 millóns para emprego e 17 para políticas sociais
O Concello da orde á empresa responsable da teleasistencia de repoñer os dispositivos retirados
Caballero entrega as chaves aos adxudicatarios das 28 vivendas municipais de Navia
Festa de Teatro Emerxente: Teatro á Feira
Programación do Museo Liste-Etnográfico de Vigo para o primeiro trimestre de 2013
Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo
Xunta de Goberno Local


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003