Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 31 de xaneiro de 2013

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Festa de Teatro Emerxente: Teatro á Feira

Comeza a primeira edición da "Festa de Teatro Emerxente: Teatro á feira", que terá lugar no auditorio municipal do Concello (Praza do Rei, 1), os días 1, 2 e 3 de febreiro. A feira está organizada pola Asociación de Titulados/as en Estudos Superiores de Arte Dramática (ATESAD), en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas.




O programa comezará o venres 1 coa compañía Escénate, que representará a obra "Mambo", ás 20,30h.

O sábado haberá sesión continua , comezando ás 12,30h coa compañía Artefakto que estreará a obra "Laranxus 7", destinada a público familiar. Pola tarde, ás 19,00h, no vestíbulo do auditorio (con aforo limitado a 85 persoas) estrearase a obra "Igual que los tuyos" de Artmonium, e ás 19,30h outra estrea, "Julieta virtual" de Anómico Teatro. A continuación, ás 20,30h, de novo no patio de butacas, a Compañía das Marías traerá "Malena , llena eres de gracia", e ás 23,00h pechará con "Improperio" a compañía Triatreros.

O domingo 3, ás 12,30h, o alumnado da Fundación Igualarte estreará a obra "Con moito conto", destinada a público familiar. A clausura, ás 19,00h, correrá por conta da compañía Triatreros, con "Hámster".

As entradas están á venda nos establecementos colaboradores, a un prezo de 6€ adultos, 5€ reducida (parados/as, xubilados/as, estudantes e parellas) e 3€ menores de 12 anos.
Mais noticias
O alcalde destaca que os orzamentos adican 20 millóns para emprego e 17 para políticas sociais
O Concello da orde á empresa responsable da teleasistencia de repoñer os dispositivos retirados
Caballero entrega as chaves aos adxudicatarios das 28 vivendas municipais de Navia
A Fundación Laxeiro presenta "MESA DE TRABALLO Ensamblaxe e colaxe en Galicia"
Programación do Museo Liste-Etnográfico de Vigo para o primeiro trimestre de 2013
Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo
Xunta de Goberno Local


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003