Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 10 de xaneiro de 2013

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Auditorio Municipal acollerá o sábado o concerto de presentación do novo traballo da viguesa Patricia Moon

O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, acompañaron á artista este xoves na presentación do espectáculo que terá lugar o sábado, ás 21 horas, no Auditorio Municipal. Patricia Moon interpretará cancións de "Oxytocin", o novo disco cun estilo definido pola viguesa como "rock lunático".




O Concello de Vigo colabora no concerto de presentación do novo disco da artista viguesa, que terá lugar o sábado 12 de xaneiro ás 21:00h, no Auditorio Municipal do Concello.

"Oxytocin" é o título do novo álbum de Patricia Moon, alter ego da viguesa Patricia Argüelles, unha artista singular que ten conseguido publicar un disco de rock’n’roll cargado de maxia e corazón. En total son oito temas que destacan pola súa orixinalidade á hora de combinar as bases do rock e uns contundentes arranxos. Ela chámao "rock lunático", pero etiquetas á parte, é imposible non deixarse levar pola súa completa musicalidade. O novo disco abre paso ao son máis eléctrico, sorprendendo a súa versatilidade artística, facendo un chisco ás súas influencias que van dende o "soul" ata o "grunge", pasando polo rock máis clásico.

Producido con mimo a medias co seu produtor habitual, Paco Ortega, e apoiada por unha conxunción de talentos encarnados en músicos: Frans Bansfield á guitarra, Brian Moure co baixo e Jacobo de San Claudio na batería. "Oxytocin" é un traballo extraordinario en permanente proceso de crecemento, un disco moi persoal e que define a unha artista disposta a colarse en todos os escenarios e corazóns.

As entradas xa están á venda de forma anticipada en novagaliciabanco.es e en Elepé Discos, a un prezo de 8 €; no despacho de entradas do Auditorio, o día do concerto, serán a 10 €.
Mais noticias
O Concello acorda cos comerciantes e hostaleiros manter ata xuño os mercadillos dos sábados no Casco Vello
Concerto do Programa Sinfónico de Primavera da Orquestra VIGO 430
Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003