Escoitar

As escritoras Cristina Morató, Rosa Regás, Mª Xosé Queizán e Carme Riera participaran nun ciclo de conferencias

A concellería de Igualdade, Chus Lago, ven de presentar un ciclo de encontros con escritoras que terán lugar durante o mes de marzo. O ciclo consiste en conferencias e almorzos literarios coas escritoras Cristina Morató, Rosa Regás, Mª Xosé Queizán e Carme Riera.

mércores, 29 feb 2012
1330521908chus1.jpg
Cristina Morató, participará o venres, 2 de marzo ás 20:00 h no CLUB FARO e o sábado 3 de marzo ás 10:30 h no Centro de Documentación e Recursos Feministas no almorzo literario. O tema do que falará é "Viaxeiras intrépidas e aventureiras: grandes exploradoras esquecidas da historia"

Cristina Morató intrépida e aventureira, como as mulleres que retrata, a escritora recolle neste libro as andainas dun puñado de mulleres que se lanzaron a descubrir o mundo e das que moi poco sabemos. Desde mulleres audaces ata tranquilas amas de casa que, levadas polo "demo" da curiosidade e fartas do seu papel social, se aventuraron desde os tempos máis remotos a viaxar alí donde os mapas estaban en branco.

Rosa Regás abordará " A revolución de ser muller" o venres, 9 de marzo ás 20:00 h no CLUB FARO e o sábado, 10 de marzo ás 10:30 h no Centro de Documentación e Recursos Feministas no almorzo literario.

Rosa Regás, nos traslada a seguinte cuestión: Deben as mulleres con un posto de responsabilidade actuar como o máis autoritario dos homes e aguantar burlas pola súa forma de vestir, de peinarse, de falar ou de defender as súas ideas ?

O encontro con Mª Xosé Queizán, será o venres, 16 de marzo ás 20:00 h no CENTRO SOCIAL NOVAGALICIABANCO e o almorzo literario o sábado 17 de marzo ás 10:30 h no Centro de Documentación e Recursos Feministas. Abordará a cuestion " Feminismo ou barbarie. O difícil ascenso para acadar a humanización "

Mª Xosé Queizán, nos traslada a seguinte cuestión: o poder dos machos sobre as femias. Poder herdado xa dos primates, perpetúase ao longo da evolución humana, condenando ás mulleres a parir, a un traballo escravo e excesivo, á cousificación, á tortura, á morte. O odio, desprezo e sadismo son motivacións para un abuso e un exterminio global, realizado con impunidade e avalado por normas e leis. O feminismo é a reacción contra esta barbarie. Ten como finalidade que as mulleres cheguen a ser humanas.

Por último,Carme Riera escolle como títuto da conferencia "Romperemos algún día o "teito de cristal"? Será o venres, 23 de marzo ás 20:00 h no CENTRO SOCIAL NOVAGALICIABANCO e o sábado 24 de marzo ás 10:30 h no Centro de Documentación e Recursos Feministas no almorzo literario.

Carme Riera, escolleu como título da conferencia a referencia do "teito de cristal", expresión utilizada en diversos idiomas para aludir ao feito de que pese a ser o 52% do xénero humano, son moitas as mulleres que non conseguen sobrepasar ese teito que as mantén aprisionadas.

A escitora centrarase na actual situación da muller, examinando aqueles aspectos que nos mostran a discriminación e a desigualdade.


As persoas interesadas en participar nos Almorzos literarios deberán inscribirse previamente na oficina da Concellería de Igualdade, tel: 986 810 284.
1330521908chus1.jpg
1330522004propostafolletoescritoras.jpg
Descargar todas as imaxes

Máis información