Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 30 de novembro de 2011

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero ubica na Casa do Pescador o albergue permantente e definitivo de Vigo, con 50 camas

Unha Xunta de Goberno Local extraordinaria deu luz verde esta mércores a recepción a cesión de uso da Casa do Pescador para albergue público municipal. O rexedor avanzou que o centro terá 50 camas, un 40% máis das previstas e agradeceu ao Patronato "as facilidades, a celeridade e a cesión gratuíta do inmoble".




O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou hoxe que o Concello ven de recepcionar a cesión de uso da Casa do Pescador para albergue público municipal. Logo de aprobarse a cesión nunha Xunta de Goberno extraordinaria celebrada es ta mañá, avanzou, que de "xeito inmediato" técnicos do Concello se poñen a traballar para establecer a xestión e a posta en marcha do dispositivo de emerxencia "o máis axiña posible". Avanzou que o seguinte paso será facer unha valoración económica do coste anual, a efectos para incluir a partida precisa nos orzamentos que "esperamos sexan aprobados moi pronto".

O rexedor explicou que hoxe mesmo, Emaus, concesionaria do anterior proxecto de albuergue, foi informada de que o convenio asinado con esta Fundación quedaba ser valor, "tal e como xa lles transmitimos días atrás" e a ONG, proseguiu o primeiro edil, asumiu este cambio, "amosando a súa satisfacción pola nova ubicación, que lles parece a máis axeitada". A partir destes momentos, insistiu, os prazos pasan, unha vez que os servizos xurídicos da casa dan o visto bo, por provisionar partida orzamentaria e sacar a concurso público a xestión do centro social. En todo caso, matizou, o centro de emerxencia social podería poñerse en marcha de xeito inmediato se as condicións climatolóxicas así o requixeran.

Caballero agradeceu ao Patronato, ao Padre Carlos e aos actuais xestores "as facilidades, a celeridade e a cesión gratuíta do inmoble", recordando que o futuro alberque será maior do previsto, xa que de 35 camas se pasa a 50, o que supón un incremento dun 40%. "Hoxe podemos dicir que Vigo ten xa albergue permanente e definitivo, moi ben acondicionado", precisou. Aproveitou tamén a súa intervención para felicitar á concelleira de Política Social, Isaura Abelarias polo "traballo discreto que veu desenvolvendo nos últimos 4 meses, en diálogo co Padre Carlos".
Mais noticias
O alcalde destaca que a Pinacoteca Municipal "enriquece a paisaxe cultural e museística de Vigo"
Caballero mantén unha reunión cos tres sindicatos para "compartir visións" da cidade
Amelia Vázquez-Palacios amosa na Alcaldía o seu talento e paixón pictórica
Taller de horta urbana
Actividades en torno o Día Mundial contra a SIDA


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003