Escoitar

O alcalde anima á cidadanía a presenciar o espectáculo automobilístico da V Subida Internacional Cidade de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o Presidente da Escudería Cidade de Vigo, Constantino Domínguez, organizadora do evento, presentaron este martes a quinta edición da Subida, que terá lugar esta fin de semana como é habitual en Bembrive e Beade. Caballero invitou á cidadanía a presenciar este acontecemento por ser "certamente espectacular".

martes, 6 set 2011
1315312953subida.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, animou á cidadanía a presenciar a quinta edición da Subida Internacional Cidade de Vigo que terá lugar esta fin de semana en Bembrive e Beade.

O alcalde asegurou que "esta fin de semana imos ter na cidade un gran evento deportivo automobilístico de gran calidade e gran nivel", que é un "exercicio deportivo de enorme magnitude", polo que invitou á cidadanía a participar neste acontecemento "certamente espectacular".

O Presidente da Escudería Cidade de Vigo, Constantino Domínguez, organizadora da Subida, explicou que o percorrido transcorrerá por A Capela, Campaneiro e Subida ao monte con término na desviación ao Campo de San Esteban de Beade, un traxecto de máis de catro quilómetros de lonxitude.

A organización agradeceu a colaboración da Comunidade de Montes de Beade, a entidade menor de Bembrive, a Sociedade Cultural "Helios", a Deputación e a Federación Galega de Automobilismo, e en particular enviou un "gran agradecemento" ao Concello de Vigo, alcalde e ao concelleiro de Deportes, sen os que "non sería posible facer o evento este ano".

A primeira xornada desta proba, o sábado 10, iniciarase ás 8 horas da mañá ata aproximadamente ás 22 horas; namentres que o domingo concluirá a Subida sobre as 18 horas.

O pasado ano, na cuarta edición da Subida, rondou as 45.000 e 50.000 persoas, cifra que tanto a organización do evento como o alcalde de Vigo agardan igualar esta fin de semana ou incluso superala.
Descargar todas as imaxes