O goberno local fará zonas verdes, parques infantís e instalacións deportivas coas obras que executa en Navia
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este mércores os traballos que realiza o concello -a través do plan de emprego municipal UTIL- no barrio de Navia, nos que se está a actuar nas medianeras, nos espazos entre edificios e na parte traseira. O deseño do goberno local prevé unha zona verde de uso veciñal, algún parque infantil e instalacións deportivas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou hoxe mércores que o goberno local está a realizar melloras en Navia para habilitar zonas verdes, parques infantís e instalacións deportivas no barrio vigués.
Caballero visitou hoxe a obra municipal de contención de balsas de auga, á altura da rúa Limpiños con Teixugueiras, que invaden a beirarrúa facéndoa "intransitable" e xeran humidais e "grandes molestias" para os veciños. O Concello prevé eliminar as humidades e habilitar unha zona verde.
O goberno local tamén ten en previsión actuacións de mellora nas medianeiras da rúa Teixugueiras, nos espazos entre os edificios e na parte traseira do barrio, para instalar "algún parque infantil e instalacións deportivas". O alcalde recordou que as obras que o Concello está a efectuar en Navia son competencia da Xunta de Galicia.
Descargar todas as imaxes