martes, 10 outubro 2023

Abel Caballero realiza unha visita institucional ao Concello de Lugo

O rexedor foi recibido este martes pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, no edificio consistorial, onde Caballero deixou a súa rúbrica no Libro de Honra. Acompañado da tenente de alcalde, Carmela Silva, e do deputado, David Regades, Caballero visitou de forma oficial a capital da provincia lucense e reuniuse coa súa homóloga con que abordou asuntos de interese do municipalismo galego e as formas de colaboración entre ámbalas dúas cidades.

O Concello promociona as creadoras de Vigo co programa “Vigofem”

martes, 10 out 2023

Abel Caballero e as concelleiras Carmela Silva e Ana Laura Iglesias presentaron este martes o proxecto do Concello de Vigo “Vigofem”, deseñado para recoñecer e promover as creadoras da cidade. O programa comezará o vindeiro luns 16 cun encontro literario no Marco, coincidindo co “Día das Escritoras”, e finalizará o venres 20 cun concerto na Porta do Sol.