mércores, 11 outubro 2023

O alcalde traslada o pésame aos familiares das vítimas: “O goberno e a cidade estamos consternados”

Abel Caballero expresou que “hoxe é un moi mal día” e cualificou o incendio que se cobrou a vida de catro persoas, tres delas menores, como un “drama”. O alcalde trasladou as súas condolencias aos familiares das vítimas e agradeceu os pésames recibidos doutras autoridades, entre elas o presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez. O goberno local decretou tres días de loito.

O Concello declara 3 días de loito oficial polo falecemento de catro personas nun incendio

mércores, 11 out 2023

O goberno local vén de declarar 3 días de loito oficial polo falecemento de catro persoas, tres menores e unha adulta, no incendio rexistrado na rúa Alfonso X O Sabio no que resultaron feridas varias persoas. O alcalde trasladou "a súa consternación e a súa dor", así como "o máis sentido pésame ás familias". As bandeiras dos edificios municipais ondearán a media hasta.