venres, 23 ago 2019
Abel Caballero remite este venres a proposta ao presidente da Xunta, que pasaría por custear a partes iguais os non menos de 15 millóns que custará a nova bancada. O alcalde recordou que o goberno vasco dedicou dez millóns para a reforma de Anoeta e sete para Mendizorroza.
venres, 23 ago 2019
O Concello organiza esta actividade estival para persoas con necesidades especiais, de todas as idades, co obxecto de ofrecerlles un espazo de ocio e opcións de respiro e conciliación aos seus familiares e/ou coidadores. Abel Caballero destacou a "alegría" que manifestan no campamento, que se celebra no Verbum.
venres, 23 ago 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, promocionouno no propio areal vigués cunha improvisada partida sobre unha das catro pistas instaladas para o evento.
venres, 23 ago 2019
Abel Caballero recibiu este venres a Ignacio Amoedo e a José Carlos Giménez, presidente e vicepresidente da Coral Casablanca, que lle presentaron o seu proxecto para a vindeira temporada. O alcalde garantiulle aos responsables da formación o apoio do Concello de Vigo.