mércores, 21 marzo 2018

O Concello xa repartiu case 110.000 tarxetas PassVigo

mércores, 21 mar 2018

O alcalde destacou que a tarxeta poderase utilizar nas piscinas municipais e que traballan co sector do taxi para poder implementar o pago. Os últimos datos apuntan a que xa foron repartidas un total de 109.971 PassVigo, das que 43.640 xa están en uso.