Escoitar

O alcalde visita o novo espazo que vén de abrir Leroy Merlin no polígono de O Caramuxo

O rexedor achegouse esta mañá a este novo punto de venda que supuxo un investimento de 2,5 millóns e a creación de 25 postos de traballo directos e aproximadamente 30 indirectos. Acompañado polo segundo tenente David Regades, fixo un percorrido polos 500 m2 de superficie comercial que o grupo pon a disposición dos consumidores.

martes, 20 mar 2018
1521554377leroy.JPG
Abel Caballero asistiu esta mañá á inauguración dunha nova tenda de Leroy Merlin, situada no polígono de O Caramuxo. Acompañado polo segundo tenente de alcalde, David Regades, e de varios responsables do grupo, o alcalde visitou un espazo que supuxo un investimento de 2,5 millóns, conta cunha superficie comercial de 500 m2 e un almacén de 2.320 m2 onde ofrecerá todo o seu coñecemento aos clientes de luns a sábado, de 7,30 a 22,00 h. Con este novo espazo, Leroy Merlin reforza o establecemento que xa ten en Vigo, na Avenida de Madrid e, por tanto, fortalece a súa posición de liderado no sector de acondicionamento do fogar
Descargar todas as imaxes