venres, 23 mar 2018
Segundo adiantou este venres Abel Caballero, o goberno de Vigo deu o visto e prace á incorporación de 55 novas usuarios ao programa municipal de Axuda no Fogar. O servizo ten un orzamento total de 4,5 millóns de euros e xa atende a 850 persoas
venres, 23 mar 2018
Segundo adiantou este venres Abel Caballero, o Concello xa pechou unha nova actuación musical para o programa Vigo en festas do vindeiro verán. Nesta ocasión será o grupo Cantajuegos, que chegará a parque de Castrelos co seu espectáculo "Yo tengo derecho a Jugar – Tour 2018".
venres, 23 mar 2018
O goberno de Vigo entregará 600 exemplares de sete títulos da autora nos colexios da cidade e as bibliotecas Neira Vilas e Juan Compañel. Nun "acto simbólico" con escolares do CEIP Canicouva, Abel Caballero agradeceu a Galaxia e ao seu director, Francisco Castro, por estar "sempre abrindo camiño á literatura galega e en galego".
venres, 23 mar 2018
O Goberno de Vigo impulsa o programa educativo "VigoHistoria 2018: A Reconquista" ata o próximo 6 de abril. Hoxe foi a quenda dun grupo de estudantes de Primaria do Colexio Párroco don Camilo.
venres, 23 mar 2018
O alcalde e a presidenta da Deputación participaron esta mañá na CEP na inauguración da exposición "Nado en pedra. Formas e figuras" da Escola de Canteiros da Deputación. Son 18 pezas de tamaño e temática variada que se poderán visitar ata o próximo 15 de maio.