O maxistrado Julio Picatoste será o encargado de ler o Bando da Reconquista de Vigo
Abel Caballero anunciou este mércores que o Pleno Municipal para designar aos Vigueses Distinguidos e para conceder a Medalla da Cidade celebrarase o vindeiro luns, 26 de marzo. Ademais, a persoa elixida este ano para ler o Bando da Reconquista 2018 foi o xuíz Julio Picatoste.
O maxistrado Julio César Picatoste será o encargado este ano do Bando da Reconquista de Vigo. Así o anunciou este mércores o alcalde, Abel Caballero, nunha comparecencia ante os medios de comunicación na que tamén avanzou que o vindeiro luns, 26 de marzo, celebrarase o Pleno Municipal para designar aos Vigueses Distinguidos e a Medalla da Cidade.
Julio César Picatoste é maxistrado da Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, e profesor na Universidade de Vigo, ademais de membro da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación. O xuíz será o encargado de ler o Bando da Reconquista no acto que vaise celebrar o 29 de marzo na Praza da Independencia.
A data para a entrega dos títulos de Vigueses Distinguidos e da Medalla da Cidade será o 3 de abril nun acto que se levará a cabo no Teatro García Barbón.