xoves, 21 decembro 2017

O goberno de Vigo aproba o proxecto das pasarelas mecánicas da Gran Vía

Segundo explicou Abel Caballero, a transformación do bulevar entre Lepanto e Praza de España que promove o Concello, cofinanciado por fondos FEDER da Unión Europa, será unha "revolución urbana". Tamén dentro do Vigo Vertical, o Concello adxudicou provisionalmente os ascensores entre Marqués de Valterra e Torrecedeira e entre esta e Pi y Margall, incluíndo a remodelación do parque Camilo José Cela.

O alcalde felicita a Cáritas polo labor de reinserción laboral da rede Koopera

xoves, 21 dec 2017

No transcurso da xornada informativa e de sensibilización celebrada por Cáritas na Oficina Municipal do Casco Vello para presentar o traballo realizado ao longo de 25 anos pola rede Social Koopera en favor da reinserción laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, Abel Caballero felicitou á entidade por ser "valedores dos dereitos cidadás". Amais, en presenza de Gonzalo Dávila, director de Cáritas Tui-Vigo e de Nieves Ramos, responsable de Relacións Institucionais, amosou o apoio a este labor e defendeu a importancia de que as empresas respecten a cota de contratación por dereitos sociais e non soamente por criterios económicos porque iso supón produtividade social.