O goberno de Vigo aproba o proxecto das pasarelas mecánicas da Gran Vía
Segundo explicou Abel Caballero, a transformación do bulevar entre Lepanto e Praza de España que promove o Concello, cofinanciado por fondos FEDER da Unión Europa, será unha "revolución urbana". Tamén dentro do Vigo Vertical, o Concello adxudicou provisionalmente os ascensores entre Marqués de Valterra e Torrecedeira e entre esta e Pi y Margall, incluíndo a remodelación do parque Camilo José Cela.
O Concello de Vigo aprobou o proxecto de transformación da Gran Vía, entre Lepanto e Praza de España, dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Vigo Vertical cofinanciada con Fondos FEDER da Unión Europea. O proxecto aprobado presenta un orzamento próximo aos 9 millóns de euros.
Así o anunciou hoxe xoves o alcalde en rolda de prensa, quen explicou que a remodelación do bulevar será unha "revolución urbana", coa instalación de cintas mecánicas cubertas, creación de espazos culturais e escultóricos, con accións de eficiencia enerxética e con novas zonas verdes.
"O da Gran Vía é unha forma extraordinaria de facer cidade", apuntou Abel Caballero, quen engadiu que, a través das accións do Vigo Vertical, "estamos a resolver" a cuestión da orografía viguesa. "É unha nova forma de entender a cidade", concluíu.
Na mesma sesión da Xunta de Goberno Local deste xoves deuse luz verde á clasificación de ofertas -antiga adxudicación provisional- para a remodelación do parque de Camilo José Cela, que inclúe un novo ascensor para conectar Torrecedeira con Pi y Margall. Esta acción tamén pertence á estratexia Vigo Vertical.
O Concello reserva para esta actuación 2,8 millóns, segundo recordou Caballero. O Concello, xunto ao elevador que dará continuidade ao que xa comunica Pi y Margall coas Camelias, prevé a transformación completa do parque, que presenta hoxe un deseño "moi pouco axeitado". O goberno vigués prevé facer un novo parque infantil e incorporar novo arborado e zonas verdes como parte da modernización deste espazo.
En terceiro lugar, o goberno dirixido por Abel Caballero aprobou a clasificación de ofertas da segunda fase da humanización de Marqués de Valterra, un proxecto tamén incluido na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Vigo Vertical cofinanciada pola Unión Europea. O importe achégase aos 900.000 euros e engade á humanización un elevador para conectar Marqués de Valterra con Torrecedeira á altura da rúa Instituto Oceanográfico.
Non será o único ascensor que conectará Marqués de Valterra con Conde de Torrecedeira. O alcalde de Vigo recordou que o Concello proxecta habilitar un segundo elevador á altura da rúa Juan Ramón Jiménez. Desta forma, será posible a unión por elementos mecánicos desde prácticamente o Auditorio Mar de Vigo ata Camelias, a través de tres ascensores á altura de Juan Ramón Jiménez, tal e como puxo en valor Caballero.
Humanizacións
Abel Caballero informou dos principais acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local na súa reunión desta mañá, entre os que destacan as humanizacións. Segundo detallou, contratáronse as obras de humanización de Sanjurjo Badía co Barrio das Flores, unha nova praza que se creará en Teis con preto de 600.000 euros de investimento.
O goberno de Vigo tamén contratou a segunda fase da humanización da rúa Álvaro Cunqueiro, a coroa circular exterior do vial que rodea á Praza da Independencia, por importe de 1,6 millóns. Esta remodelación aproxímase aos 3 millóns de euros sumando á primeira fase, xa executada.