O Concello honra a memoria dos alcaldes e políticos fusilados polo fascismo en 1936
Abel Caballero presidiu este venres o acto institucional en "recordo e homenaxe aos fusilados polas hordas fascistas do franquismo", en verbas do alcalde aos medios. Coa ausencia do PP, o Concello homenaxeou en Pereiró aos alcaldes de Vigo e Lavadores, Martínez Garrido e Antela Conde, respectivamente, xunto a deputados, concelleiros e políticos vigueses asasinados hai 81 anos.