mércores, 23 ago 2017
                    Caballero visitou este mércores o campamento municipal "Verán Ecolóxico en Navia", no que participan medio centenar de nenos e nenas durante dúas semanas. O alcalde avanzou que haberá máis prazas no verán de 2018, pois estas actividades facilitan a conciliación laboral e familiar. 
                 
            
                                        
                
                    
                    
                    
                    mércores, 23 ago 2017
                    Caballero asegurou ter constancia de "cancelacións" de reservas en Vigo como "resultado da acción negativa, nefasta" da Xunta de Galicia na supervisión das viaxes as illas Cíes e da sobrevenda que afectou a milleiros de persoas. O alcalde reclama explicacións políticas a Núñez Feijóo polo "dano" producido á imaxe do arquipélago e de Vigo. 
                 
            
                                        
                
                    
                    
                    
                    mércores, 23 ago 2017
                    A reunión celébrase o vindeiro luns 28 de agosto en Madrid e, nela, o presidente da FEMP trasladaralle ao Ministro Juan Ignacio Zoido a "cooperación municipal" para a loita contra calquera tipo de violencia e singularmente do terrorismo yihadista.  <br />
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    mércores, 23 ago 2017
                    "A nosa propia festa da auga no centro da cidade", adiantou o alcalde, con animación musical e a instalación dun tobogán grande e dous pequenos para os máis cativos, que estarán operativos en horario de mañá e tarde este domingo 27 de agosto.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    mércores, 23 ago 2017
                    Con motivo do seu 60 aniversario, o Padroado da Fundación Coral Casablanca será recibido polo Papa Francisco no Vaticano o próximo 27 de setembro. Alí, entregaranlle unha bandeira da cidade que lles deu esta mañá o rexedor e unha carta súa que lles fará chegar proximamente "como embaixadores culturais da cidade" ante o máximo dirixente do catolicismo. Abel Caballero recibiu este mércores ao presidente da Coral, Ignacio Amoedo, e aos vicepresidentes, José Carlos Jiménez e Jesús Sáez, a quen lles pediu que lle transmitan ao Pontífice a proximidade e beleza de Vigo.