O alcalde entrega á Coral Casablanca unha bandeira da cidade e unha carta para o Papa Francisco
Con motivo do seu 60 aniversario, o Padroado da Fundación Coral Casablanca será recibido polo Papa Francisco no Vaticano o próximo 27 de setembro. Alí, entregaranlle unha bandeira da cidade que lles deu esta mañá o rexedor e unha carta súa que lles fará chegar proximamente "como embaixadores culturais da cidade" ante o máximo dirixente do catolicismo. Abel Caballero recibiu este mércores ao presidente da Coral, Ignacio Amoedo, e aos vicepresidentes, José Carlos Jiménez e Jesús Sáez, a quen lles pediu que lle transmitan ao Pontífice a proximidade e beleza de Vigo.