xoves, 1 setembro 2016

O Concello promove unha oferta de emprego público de 186 prazas

xoves, 1 set 2016

Así o informou este xoves o alcalde, tras a publicación hoxe no BOP das listas e datas de exames da segunda fase da Oferta de Emprego Público 2010-2011 do Concello. As 186 vacantes totais inclúen tamén as prazas correspondentes aos anos 2013, 2014, 2015 e 2016, explicou Caballero.

O rexedor destaca os valores do baloncesto na recepción ao Joventut de Badalona

xoves, 1 set 2016

Abel Caballero recibiu no Concello ao corpo técnico e os xogadores do Divina Seguros Joventut de Badalona, que esta tarde participa no Memorial Quino Salvo, eloxiando o bo xogo do equipo, a súa capacidade para crear afección e os importantes valores que transmite este deporte. Así mesmo, puxo en valor a figura de Quino Salvo, a quen se homenaxea esta tarde no pavillón das Travesas, e amosou o seu interese en que sexa unha cita anual co baloncesto de calidade en Vigo.