mércores, 31 agosto 2016

Caballero eloxia a "combinación do lúdico e do cultural" que propón Vicus Spacorum

mércores, 31 ago 2016

O alcalde invitou á cidade a achegarse ao parque de Navia a fin de semana do 10 e 11 de setembro e participar da quinta edición dun "gran evento" que se compón "do lúdico, do cultural e do conmemorativo da historia". A cita de ambientación romana e celta ofrece actividades para toda a familia: teatralizacións, xogos deportivos, unha Schola Romana, loitas de gladiadores, vodas celtas...