Escoitar

O rally Rías Baixas, que se disputará os días 30 e 31 de maio, contará con máis de 200 participantes

Un total de 209 automovilistas están xa inscritos no Rally Rías Baixas, que este ano cumpre a súa 44 edición e se celebrará os días 30 e 31 de maio, segundo anunciou este martes o tenente de alcalde Santi Domínguez na presentación do evento, na que tamén participou o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. "Trátase dunha proba xa plenamente consolidada que conta cun gran arroupo popular e, como vén sendo habitual, puntuable para o campionato de España", subliñou o Santi Domínguez.

martes, 27 mai 2008
1211892422rallyriasbaixas.jpg
Santi Domínguez sinalou, na súa intervención, que non se trata só dun evento deportivo, senón tamén de "todo un acontecemento no mundo automovilístico e industrial que xa está consolidado como o gran rally dentro do Estado ". O tenente de alcalde asegurou que é "un orgullo ter un acontecemento como este na cidade", e disculpouse por non poder asistir a esta edición da proba, posto que atoparase en Brxelas defendendo a candidatura de Vigo para acoller a Universiada de 2013. Neste sentido indicou que estase a estudar a posibilidade de instalar unha pantalla no Instituto Feiral o sábado 31 de maio para coñecer en directo a decisión final da FISU.

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, pola súa banda, salientou que se trata dun acontecemento que concita a "unanimidade de esforzos" de todos os sectores relacionados co rally. "Cando unha proba alcanza a súa 44 edición é sinal dun traballo ben feito ao longo de moitos anos", subliñou o edil do BNG, quen indicou que a proba tamén serve como elemento de disfrute por todo o contorno xeográfico por onde transcurre, que nesta edición percorrerá os Concellos de As Neves, Covelo, Fornelos, Ponteareas e Mondariz.

O venres, 30 de maio, o Instituto Feiral de Vigo acollerá a partir das 8 horas a proba coa montaxe G.P.S. oficial, e ás diversas verificacións previas para os participantes. Xa ás 20.30 horas terá lugar a cerimonia de saída na rúa das Avenidas, no Náutico. O sábado, 31 de maio, a proba comezará ás 6.30 horas, coa apertura da oficina permanente no IFEVI e ás 7.30 horas está prevista a saída do primeiro participante.
Descargar todas as imaxes