Escoitar

Iníciase unha campaña de captación de voluntarios para o Concurso Hípico Internacional

martes, 31 xul 2001
imx500.jpg
Concurso de saltos
Os interesados en formar parte do voluntariado para a organización do Concurso de Saltos Internacional ”Cidade de Vigo”, que se celebrará do 11 ó 16 de agosto, poderán inscribirse na Concellería de Deportes, na oficina Hipigal ou na Casa da Xuventude.

Os voluntarios deberán ter máis de 18 anos, valorarase o coñecemento de linguas inglesa e francesa, a residencia en Vigo ou na súa área de influencia e os coñecementos sobre hípica, así como experiencia como practicante.

O concelleiro Santiago Domínguez explicou que os eventos adquiren un valor de prestixio engadido segundo a participación de voluntariado na súa organización.

A finalización da campaña de captación de voluntariado rematará o 4 de agosto e, dous días despois, realizaráselles unha entrevista ós aspirantes, seleccionaranse e organizaranse no organigrama do Concurso Hípico Internacional de Vigo. O 7 e 9 de agosto impartiranse os cursos de formación e definiranse as tarefas e funcións segundo os grupos de traballo. O 10 de agosto entregaráselles o material preciso ós voluntarios e algúns deles incorporaranse nas súas tarefas.

Tralo evento celebrarase unha festa de voluntarios e realizaranse os informes precisos e mailas memorias correspondentes ó acto.

Tarefas e áreas de colaboración

-Oficina de voluntarios
-Pista concurso
-Pista ensaio
-Zona apostas
-Zona boxes
-Oficina xeral
-Zona village
-Zona bancadas
-Zona acceso principal

Máis información: 986-810154
Descargar todas as imaxes