Escoitar

O Concello subsanará as deficiencias do Mercado do Progreso

O alcalde, Abel Caballero, deu instrucións aos concelleiros de Patrimonio e Tráfico para que as deficiencias do Mercado do Progreso sexan subsanadas o antes posible. Precisamente este luns o interventor técnico do Mercado deu conta á Xunta de Goberno Local da execución do convenio polo que se resolve a concesión da xestión deste centro.

luns, 17 set 2007
1190036257xunta170907.jpg
Caballero sinalou que entre as deficiencias do Mercado do Progreso estaría a falta dunha parada de autobús e de paradas taxis axeitadas, carencias que o alcalde relacionou cun sensible descenso do nivel de afluencia de clientes a este centro nos últimos anos.

Sobre a forma de xestión do Mercado unha vez se realicen as melloras que necesita, Caballero manifestouse favorable a que "permaneza na órbita do Concello", porque "se o damos a concesión exporémonos a que non funcione ben e a ter problemas outra vez",

Finca do Conde

Na rolda de prensa posterior á reunión da Xunta de Goberno, o alcalde referiuse á posible presentación, por parte do Concello, dun recurso á sentenza que anula as licenzas de construción e actividade do Carrefour de Finca do Conde.

Caballero, que asegurou non desbotar esta opción, explicou que segundo un informe xurídico municipal existe o risco de que un terceiro afectado esixa a execución desta sentenza, polo que o Goberno local podería presentar un recurso, aínda sabendo que sería rexeitado, e así "gañar tempo" antes da aprobación do Plan Xeral.
Descargar todas as imaxes