Peche ao tráfico da rúa Carapucha
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar pola empresa GAS GALICIA, estará pechada ao tráfico a rúa Carapucha (Matama), con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 10 de setembro de 2007 ás 08:00 horas e por un período aproximado dunha semana.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.