O Concello recibiu o avance do Plan Especial de Protección do Ensanche
O alcalde, Abel Caballero, deu conta este venres da entrada no Concello do avance do Plan Especial de Protección do Ensanche, o que supón o primeiro trámite dun proceso que, nun prazo estimado de 12 a 16 meses, resultará en melloras tales como o aumento do número de edificios protexidos na zona afectada dos 341 actuais ata os 940.
Segundo explicou Caballero, o documento enviado por Consultora Galega ao Concello ten "valor de estudo preparatorio" previo á exposición pública de un mes coa que se buscará "a máxima participación cidadá" de cara á elaboración do plan definitivo que rexerá diversos aspectos do urbanismo dunha parte da cidade caracterizada por unha "imaxe identitaria clara" e que comprende as zonas de Príncipe, Marqués de Valladares, Ecuador, Casablanca, Churruca, Areal, Romil e García Olloqui-Alameda.
Os obxectivos para estas áreas recollidos no avance do plan son os seguintes:
1.- O desenvolvemento sostible no marco da Unión Europea, reforzando ao mesmo tempo a actividade comercial e os espazos sociais
2.- A inserción no sistema viario de mobilidade e transporte
3.- O mantemento da diversidade de usos e multifuncionalidade espacial
4.- A preservación de elementos senlleiros e representativos coa definición de estratexias de recuperación, diversificación económica e mellora de servizos e infraestruturas, mantendo a identidade espacial e a coesión e integración social.
Fases
En relación ás fases polas que pasará o Plan Especial de Protección do Ensanche, Abel Caballero adiantou que o avance se levará ao Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo o próximo xoves 13 de setembro, para a súa posterior aprobación por parte da Xunta de Goberno Local o luns 17. A partir desta data iniciarase un período de un mes durante o cal o documento se someterá a exposición pública. Finalizado este prazo, elaborarase o Plan Especial de cara á súa aprobación inicial, que terá lugar dentro de seis meses, se se cumpren as previsións do alcalde.
Despois disto virá un novo período de exposición pública e os trámites previos á aprobación definitiva do Plan Especial. Estas dúas fases estarán completadas nun mínimo de seis meses, co que o proceso cumpriría cando menos un ano. Con todo, Caballero indicou que a aprobación definitiva do plan podería demorarse ata os 16 meses. En todo caso, as previsións do alcalde sitúan este acontecemento "a finais de 2008 ou principios de 2009".
Descargar todas as imaxes