Escoitar

Abel Caballero recibe o novo Valedor do Pobo e o director de Investigacións Pesqueiras

O alcalde, Abel Caballero, recibiu este xoves no seu despacho a visita institucional do novo Valedor do Pobo, Benigno López González, quen lle ofreceu a súa "colaboración absoluta e plena nun marco de reciprocidade" para levar a cabo o seu labor en Vigo coa maior eficacia posible.

xoves, 6 set 2007
1189081553valedor060907.jpg
O alcalde, co Valedor do Pobo, Benigno López
O novo Valedor do Pobo tomou posesión do seu cargo en agosto co apoio unánime do Parlamento Galego e vén "avalado por un fantástico currículum profesional", segundo afirmou o alcalde. Caballero brindoulle "todo o apoio do Concello" para conseguir os seus obxectivos. Neste sentido, Benigno López González adiantou que un dos seus principais cometidos será "dar a coñecer a institución aos cidadáns".

Ademais, este xoves Abel Caballero mantivo unha reunión de cortesía co director de Investigacións Pesqueiras, Alfonso Paz Andrade. No encontro, Caballero e Paz Andrade pasaron revista á actualidade e ás posibilidades do sector pesqueiro vigués e mostraron a súa vontade de cooperar en proxectos que posibiliten o "máximo desenvolvemento" da pesca respetando os criterios de sotenibilidade do medio ambiente.
1189081553valedor060907.jpg
1189081603pesca060907.jpg
Descargar todas as imaxes