Escoitar

Concello e Cámara de Comercio colaboran na traducción ao galego das cartas de menú da hostalería

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, asinaron hoxe mércores co presidente da Cámara de Comercio, José García Costas un convenio que permitirá aos sector hostaleiro e hoteleiro ofrecer as cartas dos menús en galego.

mércores, 5 set 2007
1188994568camaracomercio050907.jpg
O convenio establece que a Cámara de Comercio ofrecerá ó sector de hostalería a posibilidade de completar as súas cartas de menús cunha traducción ao galego. Para iso, alén de ofrecer de xeito público este servizo de traducción, tanto no seu sitio web como no seu boletín informativo, proporcionará gratuitamente, a traducción ao galego das cartas ou menús que lle sexan remitidos para a súa traducción a outros idiomas. O Concello , a través do Servizo de Normalización Lingüística, será o encargado da realización das traduccións ao galego das cartas.

Os establecementos interesados no servizo poderán contactar co departamento de Turismo da Cámara de Comercio de Vigo no número de teléfono 986 435659 ou no enderezo electrónico turismodevigo@camaradevigo.com
Descargar todas as imaxes