Visita protocolaria da concelleira de Benestar Social ás instalación de Érguete
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitou este mércores as instalacións de Érguete, na rúa Martínez Garrido nº 21 , para poder reunirse coa directiva da asociación.
O pasado mes de agosto a concelleira de Benestar Social tivera unha xuntanza coa asociación Érguete e prometera visitar as súas instalacións, e este mércores María Méndez cumplriu o prometido. A concelleira foi moi ben recibida por todos os directivos da Asociación, que a guiaron por todo o centro para que puidera observar e comprobar "in situ" cómo se desenvolven os diversos talleres, electricidad, carpintería e ciber, entre outros, que alí se desenvolven.
Érguete é unha asociación que traballa, non só para facilitar a integración dos toxicómanos, senon tamén para axudar a moita xente que ten problemas para a inserción laboral, e os diversos talleres que o centro ten en funcionamento son unha forma máis que adecuada para que todas estas persoas poidan aprender e irse reinsertando.
María Méndez quedou gratamente sorprendida por todas as actividades que a asociación ten en marcha, e quere seguir traballando con eles, porque o que a súa concellería persigue é tratar coas persoas e que estas sintan que teñen o apoio do Concello.
Descargar todas as imaxes