Escoitar

O Banco do Tempo amplía os seus servizos

Este mes de setembro o programa de Bancos do Tempo, financiado por Conta con ellas e xestionado pola Federación Veciñal, amplía a súa cobertura coa posta en funcionamento de catro novas secretarías ubicadas na Asociación Veciñal "A paz", Asociación Veciñal "Fonte do Galo", Asociación Veciñal de Coruxo e Asociación Veciñal de Candeán.

xoves, 6 set 2007
A apertura das novas secretarías responde á necesidade de atender a todas as persoas dentro do seu entorno social, así como de acercar este programa aos ámbitos periurbanos, onde o acceso aos servizos é máis complicado, sobre todo para aqueles que teñen cargas familiares. Os novos servicios non implican que as persoas usuarias teñan que acudir ao punto máis cercano do seu domicilio, sino que as secretarías están abertas para calquera persoa, independientemente do seu domicilio.

O Banco do Tempo é primeiro Banco que funciona sen cartos. Neste banco únicamente se pode depositar tempo, que se retira no momento de ser utilizado. A dinámica de funcionamento consiste en que unha persoa deposita unhas horas de tempo ofrecendo un servicio que quere dar e, a cambio, pode pedir tempo doutra ou outras personas para algunhas necesidades do día a día. Entre os servicios máis demandados se encontran os relacionados coa informática, como pode ser iniciación a internet ou manexo de diferentes programas, o bricolaxe, o debuxo e a pintura.

O que se pretende con esta iniciativa é promover o intercambio gratuíto de servizos entre as persoas de calquera idade dando a oportunidade para que as personas se coñezan e confíen nos demais para poder resolver as necesidades da vida diaria e levar a cabo actividades satisfactorias.