Caballero reúnese co comité organizador do XIX Encontro de Profesores Universitarios de Márketing
O alcalde, Abel Caballero, reuniuse este martes con dúas catedráticas do Departamento de Organización de Empresas e Márketing da Universidade de Vigo para a presentación do XIX Congreso de Profesores Universitarios de Márketing.<br />
A presidenta e a secretaria do comité organizador do congreso mantiveron unha xuntanza con Caballero para presentarlle o que será a XIX edición do Encontro de Profesores Universitarios de Márketing, que terá lugar o vindeiro mes de setembro no auditorio do centro social Caixanova, os días 20 e 21.
Neste congreso abordaranse temas relacionados co desenvolvemento do márketing e a investigación nas áreas do coñecemento da organización de empresas e a comercialización e investigación de mercados. Ademais este XIX encontro é importante para que, tanto o sector comercial como o empresarial, se involucren con estes temas e o márketing poida ser unha ferramenta manexada por todas as empresas viguesas.
Por outra banda, dado que Vigo é a cuarta cidade exportadora de España, este tipo de congresos é moi favorable para tratar de mellorar e ser capaces de seguir mantendo este posto.
Descargar todas as imaxes