Escoitar

O Goberno local establece as tarifas por minuto dos párkings municipais

A Xunta de Goberno Local estableceu este luns o importe das tarifas por minuto nos aparcadoiros de concesión municipal. Estas tarifas entrarán en vigor o próximo sábado 1 de setembro, por un período transitorio máximo de seis meses.

luns, 27 ago 2007
1188215723xunta270807.jpg
As tarifas son as seguintes:

- Praza da Independencia: 0,0223 euros/minuto
- Rúa Urzaiz: 0,0205 euros/minuto
- Praza do Rei: 0,0175 euros/minuto
- Rúa Venezuela: 0,0225 euros/minuto
- Rúa Coruña: 0,0225 euros/minuto
- Praza de Fernando o Católico: 0,0225 euros/minuto
- Praza de Portugal: 0,0220 euros/minuto
- Porta do Sol: 0,0282 euros/minuto
- Praza do Rei: 0,0175 euros/minuto
- Rúa Jenaro de la Fuente: 0,0190 euros/minuto
- Praza de América: 0,0125 euros/minuto
- Rúa Camelias: 0,0125 euros/minuto
- Praza Elíptica: 0,0198 euros/minuto

A Xunta de Goberno Local acordou tamén constituír unha comisión que se encargará de estudar a evolución do equilibrio económico-financeiro das concesionarias dos aparcadoiros municipais, para que, de ser necesario e baseándose nos seus informes, o Goberno local tome a decisión de modificar estes prezos. A comisión estará formada por tres representantes do Concello e tres representantes das asociacións dos aparcadoiros e será presidida polo concelleiro da Área de Seguridade, Xulio Calviño.

Vuelta Ciclista a España

Por outra parte, a Xunta de Goberno deu o seu visto bo ao proxecto de colaboración coa Fundación Deporte Galego, polo que o Concello se compromete a subvencionar cunha achega de 300.000 euros a organización da primeira etapa da Vuelta Ciclista a España, que sae de Vigo este sábado.

Segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, a Xunta de Goberno foi informada das medidas que adoptou a Xunta Local de Seguridade hai dúas semanas en relación a este evento.

Ademais, Caballero anunciou a publicación dun bando municipal e o reparto de información mediante buzoneo nas zonas da cidade por onde pasará a Vuelta, para pór en coñecemento da cidadanía datos de interese sobre o tempo de peche das vías afectadas, os puntos de cruzamento e a organización do tráfico.
Descargar todas as imaxes