Escoitar

Axudas escolares para o curso 2007-2008 por un total de 400.000 euros

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou este martes o proxecto de "Axudas Municipais Escolares" para a adquisición de libros e material escolar e para gastos de comedor, dirixidas prioritariamente a menores de familias con dificultades socioeconómicas.<br />

martes, 28 ago 2007
1188301443benestar280807.jpg
A Concellería de Benestar Social está levando a cabo, como en anos anteriores, o proxecto de "Axudas Municipais Escolares de libros e comedor" dirixidas a nenos e nenas que proveñan de familias con dificultades socioeconómicas e matriculados en centros públicos ou con concerto total. As modalidades de subvencións son: axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para nenos e nenas da segunda etapa de Educación Infantil, cunha achega municipal de 30.000 euros, e axudas para comedor escolar, nos niveis de Educación infantil (2ª etapa), Primaria e Secundaria Obrigatoria, cunha achega municipal de 370.000 euros.

Nas solicitudes presentadas para poder optar a estas axudas valoranse diversos criterios, tendo en conta principalmente os aspectos sociais e económicos da unidade familiar. Na convocatoria do próximo curso 2007-2008 recolléronse 1.070 solicitudes que corresponden a un total de 1.605 alumnos e alumnas e que se reparten do seguinte modo: para libros e material escolar recibíronse 544 solicitudes, das cales foron concedidas 558 e denegadas 186, e para axudas de comedor as solicitudes ascenden a 981, das que foron denegadas un total de 264 e nas que só quedan 44 en lista de espera.

Este programa de axudas é outra das apostas desta Concellería para ir eliminando paulatinamente a exclusión social, como está facendo tamén co programa de axudas para a emigración. Curiosamente máis do 20% das Axudas Municipais Escolares foron concedidas a emigrantes retornados ou inmigrantes.
Descargar todas as imaxes