Abel Caballero recibe a Arturo Parrado, novo responsable da ONCE en Vigo
O novo responsable da ONCE en Vigo, Arturo Parrado Puente, foi recibido este xoves polo alcalde, Abel Caballero, no seu despacho do Concello. Na reunión, Caballero garantiulle a Parrado que as demandas da ONCE serán tratadas "con toda a deferencia e toda a atención por parte do Concello".
A finalidade principal do encontro foi a de "coñecernos e saudarnos", segundo indicou o alcalde, quen por outra parte reconduciu o novo responsable da ONCE en Vigo cara ás concellerías de Vías e Obras e Urbanismo, co obxectivo de facilitar un tratamento detallado da problemática das barreiras arquitectónicas na cidade, que constitúe un dos intereses fundamentais da ONCE.
Descargar todas as imaxes