A arquitecta viguesa Xulia Chamosa, nova xerente de Urbanismo <br />
A nova xerente de urbanismo, Xulia Chamosa Martín, foi elixida este xoves na Xerencia Municipal de Urbanismo cos votos favorables de socialistas e nacionalistas e a abstención do Partido Popular.
Segundo sinalou o alcalde, Abel Caballero, Xulia Chamosa Martín, presidenta do Xurado de Expropiacións da Consellería de Política Territorial, foi a única persoa que presentou a súa candidatura para ser elixida nova xerente de Urbanismo e, polo tanto, foi a única proposta que se votou na Xerencia.
A arquitecta viguesa, que posúe un amplo e recoñecido currículum, é, tanto para socialistas como para nacionalistas, a persoa indicada para desempeñar o cargo, xa que, á parte de contar con 20 anos de experiencia, o seu currículum aválaa para poder desempeñar este posto e realizar un traballo eficaz.
No entanto, o Partido Popular opina que o anterior xerente, Xavier Rivas, é o que debería seguir á fronte da Xerencia, e que esta proposta, unha iniciativa do alcalde e da concelleira de Urbanismo, é máis unha decisión política que técnica.
Deste xeito, Xulia Chamosa, foi elixida a nova xerente de Urbanismo con seis votos a favor, cinco abstencións dos populares, e ningún voto en contra, a pesar de que o alcalde pedía unanimidade para que o Plan Xeral de Ordenación Urbana poida ser aprobado co consenso de todos os grupos políticos municipais.
Descargar todas as imaxes