Escoitar

Campamentos de verán para os máis cativos

venres, 6 xul 2001
imx419.jpg
A Concellería de Xuventude oferta para os mozos e mozas da cidade tres campamentos para os meses de xullo e agosto: campamento urbano, tempo libre na beiramar e campamento en Allariz.

O campamento urbano terá lugar entre os días 30 de xullo e 10 de agosto no pavillón de deportes das Travesas, é gratuíto e está destinado os xoves de entre 8 a 14 anos. Trátase dunha oferta de lecer educativo que se realiza na propia cidade en horario de mañá de 10 a 13.30 horas e de tarde de 17 a 20 horas. Para este campamento ofértanse 450 prazas e a inscrición pode realizarse na Asociación Xuvenil Abertal ou na Casa da Xuventude.

A actividade “tempo libre na beiramar” tenta achegar á mocidade o entorno e os medios para que descubran o mar como entorno de lecer. Esta actividade terá lugar entre os días 20 e 31 de agosto dende ás 10 da mañá ata ás 6 da tarde. O prezo é de 5.000 pesetas e Bouzas é o lugar de operacións. As idades para participar son de entre os 8 a 12 anos.

O campamento de verán realizarase no albergue de Allariz entre os días 21 ó 29 de xullo, o prezo é de 20.000 ptas. e está destinado a nenos e nenas de entre 8 a 14 anos. Este campamento tenta presentarlle ós máis novos aspectos como o coñecemento do medio rural e aspectos da súa historia e etnografía.

Para inscribirse nestas actividades os interesados deberán facelo na Casa da Xuventude.

Descargar todas as imaxes