Escoitar

A rúa Pi y Margall abrirá ó tráfico o próximo luns

venres, 1 mar 2002
O luns, 4 de marzo, abrirase ó tráfico a rúa Pi y Margall ás 6:00 da mañá trala conclusión das obras de renovación do saneamento e abastecemento de augas da zona que presentaban un gran deterioro e risco de afundimento da calzada nalgúns tramos.

As obras consistiron na colocación de medio quilómetro de novas conduccións de augas residuais e pluviais. Construíronse 132 acometidas, 33 pozos de rexistro e novos sumidoiros. O Concello investiu nesta obra 221.996 euros (36.851.500 pesetas).

Para a súa execución foi necesario o corte do tráfico de vehículos en ámbolos dous sentidos, no treito comprendido entre o Paseo de Alfonso e a rúa Chile. A apertura ó tráfico afectará tamén ás liñas de autobuses que circulan por Pi y Margall.