Santiago Domínguez presenta un programa de prevención de enfermidades dentais
A Concellería de Sanidade e Consumo promove un programa de prevención dental ó que poderán acollerse rapaces de 3 a 16 anos matriculados nos centros educativos de Vigo. Santiago Domínguez explicou que o programa ”Escola” inclúe o exame médico, limpeza bucal e radiografías que se realizarán, de forma gratuíta, en calquera clínica Höllenback.
Este programa, único no Estado español, púxose en marcha ”seguindo na liña de apoiar a cidadanía con instrumentos válidos para mellorar a súa saúde e benestar”, explicou Santiago Domínguez. O Concello enviaralles ós centros de ensino de primaria e secundaria documentación para que tódolos nenos vigueses poidan realizaren recoñecementos odontolóxicos gratuitamente durante o 2002. Nas clínicas Hollenback indicaranlles o diagnóstico e as familias poderán elixir o dentista co que desexen realizar o tratamento ó que lle remitirán os resultados.
Este programa está destinado a unha poboación aproximada de 15.000 nenos, dos que se estima que entre o 70 e 80% presentan algunha patoloxía bucal. O Concello fará cada dous meses un control exhaustivo para saber qué rapaces foron atendidos.
A Fundación Höllenback é unha institución sen ánimo de lucro que orienta os seus esforzos á prevención mediante a creación de programas e actividades subvencionadas coa finalidade de informar e previr sobre a saúde dental. O 97% dos seus profesionais son galegos e posúen tres clínicas situadas na Avda. García Barbón (986 11 30 30), Avda. do Fragoso (986 23 83 63) e Avda. Ramón Nieto (986 28 05 97).
Os tratamentos subvencionados incluídos no programa son o exame médico, exame de urxencia, diagnóstico dixital por imaxes, limpeza bucal complexa, estudio personalizado de hixiene dental, aprendizaxe de técnicas de cepillado, técnicas de hixiene e ortodoncia, revisións semestrais, puído de obturacións, selado de puntos e fisuras, topificación de flúor, radiografías periapical, oclusal e de aleta, control postoperatorio e modelos de estudio.
MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes