Escoitar

O Concello promove a posta en marcha de taxis adaptados para diminuídos físicos

xoves, 28 feb 2002
O Concello de Vigo está a impulsar a posta en marcha na nosa cidade de taxis adaptados para persoas con mobilidade reducida. Para iso, as Concellerías de Tráfico e Transportes e de Benestar Social ofrecen unha subvención de 1.800 euros anuais a aqueles taxistas con licencia en vigor que acepten traballar cun vehículo adaptado para discapacitados.

Os profesionais interesados en acollérense a esta axuda poderán beneficiarse dun convenio que asinará o Concello coa fundación ONCE e o IMSERSO e que permite acceder a axudas económicas para cofinanciar vehículos adaptados.

Os taxistas que decidan adherirse a este convenio poden formular a súa solicitude ata o día 18 de marzo. No caso de que non se presentase ningunha, o Concello estudiaría a posibilidade de conceder duas novas licencias de taxi para servicio específico da poboación discapacitada.

Na actualidade, o Concello de Vigo xa ofrece outro servicio de transporte ás persoas con mobilidade reducida. É un autobús urbano que funciona os días laborables trasladando a aquelas persoas que o requiren. Este servicio presta diariamente unha media de 25 servicios.