Escoitar

”Vigo, cidade de concertos” integra programación da Cidade Universitaria

mércores, 27 feb 2002
imx1141.jpg
Cartel
Os concelleiros de Festas e Animación Sociocultural, Isaura Abelairas, e de Xuventude, Santiago Domínguez, presentaron o vindeiro espectáculo de ”Vigo, cidade de concertos” incluído na programación da Cidade Universitaria. Dover, Killer Barbies e Athanai actuarán o 21 de marzo no pavillón das Travesas.

Isaura Abelairas explicou que este será o primeiro concerto celebrado en colaboración coa Cidade Universitaria e anunciou a organización de programación conxunta para o próximo curso.

Santiago Domínguez dixo que, mediante esta colaboración, dáse un paso adiante na intención de achegarlle á mocidade unha oferta musical de calidade, pretensión inicial de ”Vigo, cidade de concertos”. Con esta iniciativa do Concello, ”Vigo empeza a puxar nos circuítos estables dos grandes concertos”, afirmou o concelleiro de Xuventude.

O aforo do concerto será de 5.000 persoas e os puntos de venda anticipada son Discos Elepé, La Columna e Discos Gong (praza E). O prezo das entradas é de 10 euros.


CIDADE UNIVERSITARIA

DOVER

KILLER BARBIES

ATHANAI

Descargar todas as imaxes