Escoitar

EXACCIÓNS MUNICIPAIS PERÍODO VOLUNTARIO DE COBRANZA<br />

venres, 25 ago 2006
Por Resolución da Alcaldía de data 10 de agosto do 2006, sinálase o período voluntario de cobranza dos tributos:

- IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES
IMPOSTO ACTIVIDADES ECONÓMICAS

Período de cobranza Do 1 de septembro ao 2 de novembro do 2006, ambos os dous incluídos

Forma de pagamento: Os/as contribuíntes que reciban no seu domicilio fiscal un xogo de impresos para tal fin, poderán efectuar o ingreso NA OFICINA DA ENTIDADE DE DEPÓSITO QUE PRESTA O SERVICIO DE CAIXA sita no interior da Casa Consistorial, de luns a venres e de 8 a 14,30 horas, ou nas entidades colaboradoras que de seguido se indican:

BANCO SABADELL-ATLÁNTICO
CAJA MADRID
CAIXANOVA BANCO DE GALICIA
CAIXA GALICIA BBVA
LA CAIXA BANCO PASTOR
CAJA DUERO BANCO SIMEON
CAIXA CATALUNYA
BANCO ETCHEVARRÍA
SANTANDER CENTRAL HISPANO
CITIBANK
BANESTO BANCO MAPFRE
BANCO ESPIRITO SANTO
BANCO GALLEGO
BANCO POPULAR
BANCO ZARAGOZANO
CAJA ESPAÑA IBERCAJA
BANESTO BARCLAYS BANK

O ingreso tamén poderá efectuarse a través de INTERNET, mediante tarxeta de crédito ou débito, dende a carpeta cidadán do Concello de Vigo (www.vigo.org), opción oficina virtual pagamento de recibos.

Aqueles que non reciban os impresos poderán solicitar un duplicado en calquera oficina das entidades BBVA, LA CAIXA, CAIXA GALICIA ou CAIXANOVA, ou ben a través da carpeta cidadán do Concello de Vigo, opción oficina virtual impresión de recibos.

Rematado o prazo de cobranza no período voluntario, iniciarase o período executivo efectuándose a recadación dos recibos non satisfeitos polo procedemento administrativo de constrinximento sobre o patrimonio do obrigado ó pagamento, consonte co establecido no artigo 161 da Lei xeral tributaria e 68 e seguintes do Regulamento xeral de recadación.
Vigo, 11 de agosto de 2006

A ALCALDESA,
CORINA PORRO MARTÍNEZ