Cores e sons, unha "Noite Máxica" no Parque da Riouxa
A "Noite Máxica" non só presenta un espectáculo audiovisual con pirotecnia sincronizada, tamén conta coa actuación do lexendario grupo Celtas Cortos e o "I Trofeo de Bandas de Gaitas Cidade de Vigo". A festa celebrarase hoxe mércores ás 22:30 horas no Parque da Riouxa.