Escoitar

Corina Porro visitou os parques de bombeiros de Vigo

A Alcaldesa, Corina Porro, citouse nos parques de bombeiros de Teis e Balaídos cos seus efectivos hoxe martes, para darlle un "agradecemento profundo" pola súa labor na extinción dos incendios das pasadas semanas, na provincia de Pontevedra.

martes, 22 ago 2006
1156317599Bom2.JPG
Parque de Bombeiros de Balaídos
A edil popular acercouse as instalacións de Teis e Balaídos para mostrar o seu agradecemento o corpo técnico de bombeiros de Vigo na protección tanto do espazo natural como das persoas que se encontraban en perigo por mor das chamas dos incendios que asolagaron toda a área metropolitana. Porro quiso tamén recordar o traballo realizado ó largo de todo o ano. En 2006 producíronse 2100 intervencións, das cales 300 foron incendios urbáns, 35 industriais, 35 por accidentes de tráfico e á redor de 70 focos fora do Concello de Vigo, así como outros casos de distinta índole. Durante os días 4 e 13 de agosto detectáronse 75 intervencións, das que 45 leváronse a cabo fora do municipio vigués.

Dende o Concello anunciouse a renovación e o aumento de material para os parques de bombeiros vigueses con 2 autobombas, 3 novos vehículos cun custe de 550.000 e o aumento de cinco efectivos máis no corpo. Este incremento de equipación está acompañado pola petición da alcaldesa dun parque de bombeiros metropolitano ante a necesidade de curbir todos os incendios nos entornos da cidade.

Os municipios de Soutomaior, Vilaboa, Redondela ou Moaña foron só algúns nos que actuaron o corpo de bombeiros vigués na extinción dos incendios. Esto demostra a "necesidade" do parque metropolitano e de que Vigo o lidere. Segundo Corina Porro é preciso a boa xestión e traballo conxunto entre as administracións, e o mesmo tempo crear unha vía adecuada para que o parque metropolitano inclúase dentro dos presupostos da Xunta e da Diputación de Pontevedra.

A empresa Belt Ibérica está a elaborar un Plan de Emerxencias Municipais por en cargo do Concello de Vigo. O consistorio terá nas súas mans o plan cun custe de 60.000 euros a mediados do mes de setembro. Con esta iniciativa preténdese prever as solucións a situacións límite como sucedeu cos incendios que aconteceron este verán.





1156317599Bom2.JPG
1156317545Bom3.JPG
Descargar todas as imaxes