Un campamento na beiramar achega ós nenos ó mundo mariñeiro
O "Campamento de Tempo Libre na Beiramar" da comezo hoxe luns ata o 25 de agosto. Neste programa, promovido pola Concellaría de Xuventude do Concello de Vigo, participarán 30 nenos e nenas entre 7 e 12 anos. Os pequenos realizarán diferentes actividades e obradoiros encamiñados a descubrir o mundo mariño.
A oferta de tempo libre da Concellaría de Xuventude para este verán abrangue distintos tipos de actividades, entre as que destacan os campamentos urbanos destinados a nenos e nenas que fican na cidade durante o verán. O "Campamento Urbano de Tempo Libre na Beiramar" pretende aproveitar a condición de Vigo como cidade costeira, e así, facer que os rapaces se deleiten aprendendo dunha actividade que lles permite coñecer mellor o mundo do mar.
O campamento terá a súa sede na Asociación de Veciños de Bouzas,comezará cada mañá ás 10:00h. e rematará ás 18:00h. Neste tempo, os nenos e nenas realizarán diferentes actividades e obradoiros encamiñadas a descubrir e achegarse ó mundo mariñeiro.
Cada día, ás dez da mañá, o equipo de monitores recibirá ós participantes para comezar as actividades con propostas como piragüismo, remo, bicicletas, pesca con cana, cultura marítima, saídas, etc. O xantar o levará cada mozo dende a súa casa, farase na praia, onde as rapazas e rapaces tamén terán ocasión de tomar un baño e xogar cos compañeiros. En caso de choiva as actividades serán máis ben de interior con obradoiros e xogos educativos. As seis da tarde rematarán as actividades.
Descargar todas as imaxes