Escoitar

Máis de 311.000 persoas participaron no programa de festas do Concello de Vigo

As Festas do Cristo da Victoria chegaron o seu fin cun balance positivo de seguemento. O número de participantes dos trece programas organizados pola Concellaría de Festas e Animación Sociocultural e de Cultura ascendeu a 311.000 persoas. O obxeto deste ano foi crear unha oferta atractiva para todos os públicos.

venres, 25 ago 2006
1156511146chaves.JPG
O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves
A cita mási exitosa, en termos de público, foi o Festival Aéreo, que desenvolveuse o día 23 de xullo nos ceos de Vigo, congregando a 150.000 persoas nas praias da cidade, para seguir as evolucións dos acróbatas aéreos.

Os concertos de Castrelos foron o programa máis seguido polos cidadáns. O auditorio acolleu un total de dez actuacións, ás que asistiron 120.000 mil persoas. Franz Ferdinand converteuse no concerto do verán galego cun cheo absoluto en Castrelos. Nesta lista de éxios seguen os británicos Pet Shop Boys, que rozaron os 20.000 espectadores. Entre 10.000 e 15.000 persoas presenciaron os concertos de El Sueño de Morfeo, Ana Torroja, Helloween e Toquinho e Milton Nascimiento. Tamén actuaron cun notable público Gal Costa e X Alfonso e Ziggy Marley e El Puto Coke.

Como cada verán Cine Realidade reuniu a 5.000 asistentes, mentres V3, Vigo, Verán e Valores superou a cifra chegando os 7.000 cun público de nenos e maiores. Outras citas de relevancia foron o Festival Folclórico Internacional, Maratón Fotográfico, Verán de Teatro, Titirirúa e Semana de Teatro en Familia, sen olvidar "Vigo, un mar de bandas" e "Vigo, un mar de corais"
Descargar todas as imaxes