Escoitar

Vigo é unha cidade de oportunidades

A rúa Uruguai é o novo emprazamento do monumento do libertador de Uruguai, o Xeneral Artigas. Ó acto de inauguración asistiron a Alcaldesa de Vigo, Corina Porro, membros da corporación municipal, así como representantes da sociedade uruguaia en Vigo, e o cónsul do país latinoamericano na cidade, Jorge Burgos.

venres, 25 ago 2006
1156511426corina.JPG
Corina Porro xunto a Jorge Burgos
A baixada a Igresa de Santiago de Vigo, na rúa Uruguai, foi hoxe venres o punto de encontro entre as autoridades municipais viguesas e os representantes de Uruguai na cidade olívica, o mesmo día que cumprense 81 anos da proclamación da Independencia do país hispano, o 25 de agosto. O monumento localizábase anteriormente nunha das rotondas dos xardíns de castrelos, e agora aséntase na rúa Uruguai nun momento de especial significación. Corina Porro e Jorge Burgos antes de destapar o busto do libertador Xeral Artigas rendiron unhas palabras a súa figura e á crecente relación entre a cidade e os uruguaios. Unha relación que se basa na acollida, na unión dos pobos e o servicio de oportunidades segundo Porro. Os himnos de Uruguai e Galicia foron o broche final de la inauguración.
Descargar todas as imaxes