O Goberno local solicita candidatos para a limpeza de areais e praias durante o verán
A Xunta de Goberno Local acordou hoxe luns solicitar do Servizo Galego de Colocación unha oferta xenérica para que sexan remitidos 36 candidatos para o reforzo da limpeza de areais e praias do termo municipal durante o verán.
O importe das 12 contratacións laborais temporais previstas, de tres meses cada unha, é duns 51.000 euros. Os candidatos deberán contar co Certificado de Escolaridade ou equivalente e ter experiencia acreditada en limpeza de viais, praias e espazos públicos.
O proceso de selección constará dunha proba práctica sobre coñecementos das tarefas propias do posto de traballo, que se avaliará de cero a 10 puntos. Esta proba terá carácter excluínte. O candidato que non obteña un mínimo de cinco puntos quedará fóra do proceso de selección. Despois da proba, unha comisión de valoración municipal proporá a contratación dos seleccionados por orde de puntuación.
Humanización de Cervantes
Por outra parte, a Xunta de Goberno deu o seu visto bo á aprobación técnica do proxecto modificado de humanización da rúa Cervantes, cun orzamento base de licitación duns 39.500 euros.
Desratización
Así mesmo, a Xunta de Goberno de hoxe luns deu luz verde á campaña ordinaria de desratización no termo municipal de Vigo para o ano 2006. A realización da campaña, que se desenvolverá ata o 31 de xullo, é tarefa do propio persoal municipal, co apoio de dous oficiais condutores do Parque Móbil.
O Goberno local estableceu un complemento de produtividade de case 8.000 euros que será repartido de maneira equitativa entre o persoal que voluntariamente participe na campaña, na proporción que resulte segundo os días traballados por cada empregado. Do importe aprobado hoxe luns pola Xunta de Goberno, uns 1.700 euros serán para o persoal do Servizo de Desinfección, e os restantes 1.300, para o persoal do Parque Móbil.
Descargar todas as imaxes